Hoxe en día, o representante máis importantes dos disco magnéticos é o disco duro, xa que adoita estar dentro do ordenador; non obstante, isto xa non é certo de todo, posto que son frecuentes tamén os discos duros extraíbles ou discos duros externos.
Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
Hai discos duros de 200, 400 ou 500 MB, e mesmo de 1 TB.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencias de datos hai distintos tipos de disco duros, sendo os máis utilizados os IDE (EIDE); esta tecnoloxía permite conectar ata catro dispositivos con capacidades de Gigabyte. Dentro deste tipo de discos duros hai outros subtipos que son: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100...; el último en aparecer foi o Serial- ATA.