-
viernes, 8 de abril de 2011
miércoles, 6 de abril de 2011
jueves, 24 de marzo de 2011
miércoles, 23 de marzo de 2011
jueves, 10 de marzo de 2011
miércoles, 23 de febrero de 2011
9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.
(* preme aquí para máis información)
- Redes locais.
Unha rede interna, rede local ou LAN (Local Area Network) é un conjuto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. O protocolo máis utlizado nas redes locais era Ethernet, aínda que é máis frecuente utlizar o protocolo TCP/IP, adquirindo deste modo características análogas ás de internet. Ás redes que utilizan este protocolo denomínallas intranets. - Topoloxía dunha rede.
*Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información.
*Rede en estrela. Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, se non que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes se utilizan cables do tipo UTP.
*Hub e switch.
---Hub: a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
---Switch: ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos dunha rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, se non só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
- Cableado dunha rede local.
*Cableado coaxial. Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar unha velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
*Cableado UTP. Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este cable, que resulta económico e permita alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectores RJ-45.
*Cableado de fibra óptica. A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permiten alcanzar velocidades de transferencia moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica. - Redes inarámicas.
Nas redes inarámicas, tamén denominadas WiFi, conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
WiMAX (Worldwide Interoperability for Microwave Access). Este novo protocolo permite conexións entre dous puntos situados ata un máximo duns 50 km, con velocidades de ata 70 Mbps. - Redes externas. Internet.
Una red externa es un conjunto de ordenadores conectados entre sí cuya ubicación física puede estar en diferentes edificios, localidades e incluso países; a este tipo de red pertenecería internet, aunque, dada su amplitud, se la considera ya como una red global. - Redes privadas virtuais.
VNP (Virtual Private Network), son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa (internet), pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada. - Conexión a través dunha liña telefónica.
*Módems. Son dispositivos que permiten enviar ou recibir información, a través dunha liña telefónica convencional. RTC, (Rede Telefónica Conmutada).
A súa misión consiste en modular (converter) o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.
*Tarxetas RDSI. (Rede Dixital de Servizos Integrados) Sus vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
*Módems ADSL. Esta tecnoloxía permite o uso do fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e, simultáneamente, para o uso normal dunha liña telefónica.
(Asymmetric Digital Subscriber Line) permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío, de aí o termo asimétrica no seu nome.
*Router. Este dispositivo, tamén chamado enrutador, permite unir ordenadores (ten conectores RKJ45) coma se fose un hub ou switch. Un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.
Tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, envitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede, feito que podería chegar a colapsala. O router, tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida. - Conexión a través de cable.
Outra forma de conectarse a internet consiste en utilizar un cable, habitualmente coaxial; con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión.
Para poder realizar a conexión a través de cable, ademais de dispoñer de cobertura (disponiblidades de cable), é necesario un modem-cable. - Conexión vía satélite.
A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet. É unha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre (RTC, RDSI, xDLS, cable...). A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
Esta tecnoloxía está en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas. - Conexión por ondas radioelétricas.
LMDS (Local Multipoint Distribution System). Estas siglas fan alusión á existencia de múltiples puntos (antenas) cos que os usuarios establecen comunición mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia
(entre 28 e 40 GHz). Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferentes taxas de transferencia de información e distintas distancias de operactividad. Este tipo de conexión supón unha abandono do punto de conexión especifico e unha liberización en canto á mobilidade.
Unha vantaxe desta conexión é que, posiblita a mobilidade física do usuario.
Por outra parte, esta tecnoloxía permite ofrecer conexión a internet en lugares aos que non pode chegar o cable. - Conexión móbil.
*GSM. (Global System for Mobile) é un estándar internacional de comunicacións dixitais móbiles, que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala. A velocidade máxima de de transmisión que pode alcanzarse con GMS é de 9800 bps.
*GPRS. (General Packet Radio Services) está baseado na conmutación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GMS. As canles poden ser compartidas. A conexión realízase no momento no que o cliente o solicita. A velocidade de transmisión que se pode alcanzar é de 115 kbps, polo que é posible transmitir voz e datos simultaneamente.
*UMTS. (Universal Mobile Telecommunication System) traballa cunha frecuencia moi alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. A transmisión de información realízase por conmutación de paquetes. Tanto nos sistemas GPRS como UMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, se non polo volume de datos transmitidos. - 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
- 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
miércoles, 9 de febrero de 2011
8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.
Na imaxe vemos algúns dispositivos de almacenamento dos ordenadores dos que imos falar.- Discos magnéticos.
A información grávase pola polarización dun material magnético.
(*Na imaxe pódese observar un disco duro).Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado (formatado) para que poida recibir a información; esta operación divide o disco en pistas e sectores nos que se almacenará a información.O disco flexible era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro; este disco estaba provisto dunha lámina protexida por unha carcasa de plástico. Os disco flexibles máis utilizados eran os denominados disco de 3 1/2, aínda que existían outros ZIP e os Superdisk LS-x.Hoxe en día, o representante máis importantes dos disco magnéticos é o disco duro, xa que adoita estar dentro do ordenador; non obstante, isto xa non é certo de todo, posto que son frecuentes tamén os discos duros extraíbles ou discos duros externos.Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.Hai discos duros de 200, 400 ou 500 MB, e mesmo de 1 TB.Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencias de datos hai distintos tipos de disco duros, sendo os máis utilizados os IDE (EIDE); esta tecnoloxía permite conectar ata catro dispositivos con capacidades de Gigabyte. Dentro deste tipo de discos duros hai outros subtipos que son: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100...; el último en aparecer foi o Serial- ATA.Estrutura dun disco magnético.Caras: son as superficies interior e inferior de cada disco.Sectores: son as divisións que se fan en cada pista; todos os sectores dun mesmo disco teñen a mesma capacidade.Cilindros: no caso dos discos duros, e posto que estes teñen varios discos, aparece o concepto de cilindros para designar aos distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco.(* Estrutura dun disco magnético).
- Disco ópticos.A aparición dos discos ópticos (CD-ROM e DVD), provocou unha revolución nos sistemas de almacenamento, grazas á enorme cantidade de información, de moi distinta natureza, que poden almacenar cun custo relativamente baixo. Todos estes discos utilizan tecnoloxía óptica (láser).
Os tipos de discos ópticos son os seguintes:*)CD-ROM: (Compact Disk-Read Only Memory), contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificado.Para que o ordenador poida ler a información, debe dispoñer dunha unidade lectora de CD-ROM.
(* Funcionamento dun lector de CD-ROM).*) CD grabables e discos regrabables: As gravadoras de CD-ROM permiten gravar, en discos virxes, a información desexada de forma permanente; a devandita información poderá lerse pero nunca poderá ser modificada. Aos discos grabables denomínaselles WORM (Write-Once, Read-Many) e identifícaselles polas siglas CD-R. Hai outros discos que poden ser gravados varias veces, borrando en cada gravación a información que existira con antelación; a estes chámaselles CD RW (ReWritable).*) DVD-ROM: (Digital Video Disc), Son, fisicamente, semenllantes ás CD-ROMS pero a súa capacidade é moitos maior (varios GB, teoricamente ata 17 GB). Esta capacidade conséguena aumentando a densidade de escritura (máis información no mesmo espazo), aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.*) DVD grabables y regrabables:---- DVD-R: discos que permiten unha soa gravación; poden ser dunha capa (4.7 GB) ou de dobre capa (8.5 GB).---- DVD-RV: discos que permiten ser gravado varias veces; tamén poden ser de capa simple ou capa dobre.---- DVD+R: disco dun só uso, similar aos DVD-R, pero, segundo os seus creadores, con máis compatibilidade respecto a DVD-ROM e DVD-vídeos convencionais.---- DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD-RW, pero coa compatibilidade dos DVD+R; ao igual que todos os anteriores, poden ser de capa simple (4.7 GB) ou de dobre capa (8.5 GB).*) HD DVD e Blue-ray: O aspecto físico destes discos é análogo aos seus predecesores (12 cm de diámetro) pero cunha capacidade de almacenamento bastante superior. Aínda que os dous están baseados na mesma tecnoloxía láser, hai diferenzas técnicas entre eles.Ambos os dous discos están concibidos para almacenar vídeos de alta definición e datos.Blu-ray é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos de alta densidade. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser ("blue ray" en inglés significa "raio azul"). Este raio azul mostra unha lonxitude de onda curta de 405 nm e, xunto con outras técnicas, permite almacenar sustancialmente máis datos que un DVD ou un CD. Blu-ray e HD-DVD comparten as mismas dimensións e aspecto externo. Unha capa de disco Blu-ray pode conter ó redor de 25 GB ou cerca de 6 horas de video de alta definición, máis audio, e o disco de dobre capa pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/s (54 Mbit/s para BD-ROM), pero prototipos a 2x de velocidade con 72 Mbit/s de velocidade de transferencia están en desenrolo. O disco Blu-Ray pode soportar ata 25GB de espazo a modo de capa simple. En modo de capa dobre, este espazo duplícase. Tales capacidades permitirán almacenar video en alta definición (5 horas nun disco dunha capa ou "single-layered"). Os discos teñen unha capa de sustrato de 1,1 mm por unha cara e 1 mm pola outra, para permitir a creación de máis capas de datos e o uso dunha soa cara. Isto provéeos dunha característica novedosa que ha ser moi agradecida polos usuarios, fartos en moitos casos de CDs e DVDs raiados, e supón unha avantaxe adicional fronte ó formato competidor HD-DVD.
(*Discos ópticos Blue-Ray e HD-DVD). - Discos mágneto-óptico.Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.
(* Tarxeta de memoria dunha cámara fotográfica). - Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.--As memorias flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse ata o punto de que cada vez son máis os dispositivos de almacenamento que utilizan esta tecnoloxía.As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación.
Funcionamento da memoria flash.--A memoria flash está constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada da carga de información. A memoria flash, non é unha memoria RAM, posto que neste caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.
(* Pendrive). - 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título
- Preme AQUÍ para máis información sobre dispositivos de almacenamento.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


