viernes, 29 de octubre de 2010

O samaín.














A súa orixe:

O ano celta organizábase en catro estacións que tiñan o seu inicio nas seguintes datas:
  • 1 de Novembro, a entrada do inverno, o SAMAÍN ou SAMHAIN.
  • 1 de Febreiro, o IMBOLC, aínda que o seu significado varía dunhas fontes a outras.
  • 1 de Maio, o comezo do verán ou BELTAÍN.
  • 1 de Agosto, a colleita dos froitos ou LUGNASAD.

Centrándonos no Samaín, a noite do 31 de Outubro ao 1 de Novembro celebrábase o Ano Novo celta (na Illa de Man séguese celebrando), en canto ao seu valor temporal, marca a transición de outono a inverno, pero tamén ten unha parte mística, trátase da noite na que se xuntan o mundo dos vivos e o dos falecidos, xa que estes terían permiso para reunirse coas súas familias e quentarse na cacharela feita con ramas de cancereixo e teixo. Tamén era costume baleirar un nabo e iluminalo (dende que se descubriu América, empezou a utilizarse a cabaza pola súa forma e a facilidade para baleirala).

Na actualidade: durante moito tempo perdeuse a tradición do Samaín pero parece que estes últimos anos está a recuperarse. Por unha parte corre o risco de "americanizarse, xa que se lle dá o valor de Halloween cando, en realidade, foi Halloween a festa que partiu do Samaín celta e non ao revés, en calquera caso aquí non encontraremos nenos nas portas dicindo "trick or treat" pero si poderemos ir ao taller de cabazas na Praza do Berbés e poñernos un gorro de bruxa pola noite, que seguro que pasaremos desapercibidos entre a masa vestida de negro.

Ao día seguinte, 1 de Novembro, celébrase o "Día de Todos os Santos"
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario