jueves, 4 de noviembre de 2010

BATEAS.

*Para visualizar en Google earth a batea da ría de Vigo faga clic na imaxe anterior.

Basicamente consiste nun enreixado de fortes trabes de madeira suxeitas entre si, formando un conxunto plano e cadrado. Sobre estas trabes crávanse outros paus máis finos e curtos, chamados pontóns ou cancos para aumenta-los puntos de fixación das cordas.

Do enreixado así construído átase un número variable de cordas nas que se fixará e crecerá o mexillón. Nunha daquelas trabes fíxase un bloque de cemento, ou morto, que serve de fixación ó punto de fondeo.

A súa medida está entre os 18 metros de ancho e 25 metros de longo
.

Cómpre advertir, finalmente, que este sistema de cultivo en batea tamén se utiliza para o cultivo ou engorde doutros moluscos, como ostra ou vieira, así como doutras especies mariñas, como crustáceos ou peixes, tralas necesarias modificacións estruturais que correspondan á especie cultivada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario