miércoles, 9 de febrero de 2011

8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.

Na imaxe vemos algúns dispositivos de almacenamento dos ordenadores dos que imos falar.

  • Discos magnéticos.
    A información grávase pola polarización dun material magnético.

    (*Na imaxe pódese observar un disco duro).

    Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado (formatado) para que poida recibir a información; esta operación divide o disco en pistas e sectores nos que se almacenará a información.
    O disco flexible era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro; este disco estaba provisto dunha lámina protexida por unha carcasa de plástico. Os disco flexibles máis utilizados eran os denominados disco de 3 1/2, aínda que existían outros ZIP e os Superdisk LS-x.
    Hoxe en día, o representante máis importantes dos disco magnéticos é o disco duro, xa que adoita estar dentro do ordenador; non obstante, isto xa non é certo de todo, posto que son frecuentes tamén os discos duros extraíbles ou discos duros externos.
    Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
    Hai discos duros de 200, 400 ou 500 MB, e mesmo de 1 TB.
    Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencias de datos hai distintos tipos de disco duros, sendo os máis utilizados os IDE (EIDE); esta tecnoloxía permite conectar ata catro dispositivos con capacidades de Gigabyte. Dentro deste tipo de discos duros hai outros subtipos que son: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100...; el último en aparecer foi o Serial- ATA.

    Estrutura dun disco magnético.

    Caras: son as superficies interior e inferior de cada disco.
    Sectores: son as divisións que se fan en cada pista; todos os sectores dun mesmo disco teñen a mesma capacidade.
    Cilindros: no caso dos discos duros, e posto que estes teñen varios discos, aparece o concepto de cilindros para designar aos distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco.

    (* Estrutura dun disco magnético).

  • Disco ópticos.
    A aparición dos discos ópticos (CD-ROM e DVD), provocou unha revolución nos sistemas de almacenamento, grazas á enorme cantidade de información, de moi distinta natureza, que poden almacenar cun custo relativamente baixo. Todos estes discos utilizan tecnoloxía óptica (láser).

    Os tipos de discos ópticos son os seguintes:

    *)CD-ROM: (Compact Disk-Read Only Memory), contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificado.
    Para que o ordenador poida ler a información, debe dispoñer dunha unidade lectora de CD-ROM.
    (* Funcionamento dun lector de CD-ROM).

    *) CD grabables e discos regrabables: As gravadoras de CD-ROM permiten gravar, en discos virxes, a información desexada de forma permanente; a devandita información poderá lerse pero nunca poderá ser modificada. Aos discos grabables denomínaselles WORM (Write-Once, Read-Many) e identifícaselles polas siglas CD-R. Hai outros discos que poden ser gravados varias veces, borrando en cada gravación a información que existira con antelación; a estes chámaselles CD RW (ReWritable).
    *) DVD-ROM: (Digital Video Disc), Son, fisicamente, semenllantes ás CD-ROMS pero a súa capacidade é moitos maior (varios GB, teoricamente ata 17 GB). Esta capacidade conséguena aumentando a densidade de escritura (máis información no mesmo espazo), aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.
    *) DVD grabables y regrabables:
    ---- DVD-R: discos que permiten unha soa gravación; poden ser dunha capa (4.7 GB) ou de dobre capa (8.5 GB).
    ---- DVD-RV: discos que permiten ser gravado varias veces; tamén poden ser de capa simple ou capa dobre.
    ---- DVD+R: disco dun só uso, similar aos DVD-R, pero, segundo os seus creadores, con máis compatibilidade respecto a DVD-ROM e DVD-vídeos convencionais.
    ---- DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD-RW, pero coa compatibilidade dos DVD+R; ao igual que todos os anteriores, poden ser de capa simple (4.7 GB) ou de dobre capa (8.5 GB).
    *) HD DVD e Blue-ray: O aspecto físico destes discos é análogo aos seus predecesores (12 cm de diámetro) pero cunha capacidade de almacenamento bastante superior. Aínda que os dous están baseados na mesma tecnoloxía láser, hai diferenzas técnicas entre eles.
    Ambos os dous discos están concibidos para almacenar vídeos de alta definición e datos.

    Blu-ray é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos de alta densidade. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser ("blue ray" en inglés significa "raio azul"). Este raio azul mostra unha lonxitude de onda curta de 405 nm e, xunto con outras técnicas, permite almacenar sustancialmente máis datos que un DVD ou un CD. Blu-ray e HD-DVD comparten as mismas dimensións e aspecto externo. Unha capa de disco Blu-ray pode conter ó redor de 25 GB ou cerca de 6 horas de video de alta definición, máis audio, e o disco de dobre capa pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/s (54 Mbit/s para BD-ROM), pero prototipos a 2x de velocidade con 72 Mbit/s de velocidade de transferencia están en desenrolo. O disco Blu-Ray pode soportar ata 25GB de espazo a modo de capa simple. En modo de capa dobre, este espazo duplícase. Tales capacidades permitirán almacenar video en alta definición (5 horas nun disco dunha capa ou "single-layered"). Os discos teñen unha capa de sustrato de 1,1 mm por unha cara e 1 mm pola outra, para permitir a creación de máis capas de datos e o uso dunha soa cara. Isto provéeos dunha característica novedosa que ha ser moi agradecida polos usuarios, fartos en moitos casos de CDs e DVDs raiados, e supón unha avantaxe adicional fronte ó formato competidor HD-DVD.
    (*Discos ópticos Blue-Ray e HD-DVD).

  • Discos mágneto-óptico.
    Estes discos utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran vantaxe é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero, ademais, os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.


    (* Tarxeta de memoria dunha cámara fotográfica).

  • Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.
    --As memorias flash, inicialmente utilizadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse ata o punto de que cada vez son máis os dispositivos de almacenamento que utilizan esta tecnoloxía.
    As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación.

    Funcionamento da memoria flash.
    --A memoria flash está constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada da carga de información. A memoria flash, non é unha memoria RAM, posto que neste caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.

    (* Pendrive).

  • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título

  • Preme AQUÍ para máis información sobre dispositivos de almacenamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario