miércoles, 23 de febrero de 2011

9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.

(* preme aquí para máis información)
  • Redes locais.

    Unha rede interna, rede local ou LAN (Local
    Area Network) é un conjuto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. O protocolo máis utlizado nas redes locais era Ethernet, aínda que é máis frecuente utlizar o protocolo TCP/IP, adquirindo deste modo características análogas ás de internet. Ás redes que utilizan este protocolo denomínallas intranets.

  • Topoloxía dunha rede.

    *Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se é el o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información.

    *Rede en estrela. Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, se non que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes se utilizan cables do tipo UTP.

    *Hub e switch.
    ---Hub: a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvíaa a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
    ---Switch: ao igual que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos dunha rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, se non só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
  • Cableado dunha rede local.

    *Cableado coaxial. Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar unha velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores
    BNC. Actualmente está en desuso.


    *Cableado UTP. Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este cable, que resulta económico e permita alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectores
    RJ-45.


    *Cableado de fibra óptica. A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexidos por fibras de
    Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permiten alcanzar velocidades de transferencia moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica.



  • Redes inarámicas.

    Nas redes inarámicas, tamén denominadas WiFi, conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade de movementos.
    WiMAX (
    Worldwide Interoperability for Microwave Access). Este novo protocolo permite conexións entre dous puntos situados ata un máximo duns 50 km, con velocidades de ata 70 Mbps.

  • Redes externas. Internet.

    Una red externa es un conjunto de ordenadores conectados entre sí cuya ubicación física puede estar en diferentes edificios, localidades e incluso países; a este tipo de red pertenecería internet, aunque, dada su amplitud, se la considera ya como una red global.

  • Redes privadas virtuais.

    VNP (Virtual Private Network), son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa (internet), pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.

  • Conexión a través dunha liña telefónica.

    *Módems.
    Son dispositivos que permiten enviar ou recibir información, a través dunha liña telefónica convencional. RTC, (Rede Telefónica Conmutada).
    A súa misión consiste en modular (converter) o sinal dixital do ordenador en analóxica e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.

    *Tarxetas RDSI.
    (Rede Dixital de Servizos Integrados) Sus vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.

    *Módems ADSL.
    Esta tecnoloxía permite o uso do fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade e, simultáneamente, para o uso normal dunha liña telefónica.
    (Asymmetric Digital Subscriber Line) permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo sempre maior a velocidade de recepción que a de envío, de aí o termo asimétrica no seu nome.

    *Router.
    Este dispositivo, tamén chamado enrutador, permite unir ordenadores (ten conectores RKJ45) coma se fose un hub ou switch. Un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queiran conectar, mesmo se estes están en distintas redes.
    Tamén se encarga de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, envitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede, feito que podería chegar a colapsala. O router, tamén é capaz de comprobar se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.


  • Conexión a través de cable.

    Outra forma de conectarse a internet consiste en utilizar un cable, habitualmente coaxial; con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión.
    Para poder realizar a conexión a través de cable, ademais de dispoñer de cobertura (disponiblidades de cable), é necesario un modem-cable.

  • Conexión vía satélite.

    A conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet. É unha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre (RTC, RDSI, xDLS, cable...). A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
    Esta tecnoloxía está en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas.

  • Conexión por ondas radioelétricas.

    LMDS (Local Multipoint Distribution System). Estas siglas fan alusión á existencia de múltiples puntos (antenas) cos que os usuarios establecen comunición mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia
    (entre 28 e 40 GHz). Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferentes taxas de transferencia de información e distintas distancias de operactividad. Este tipo de conexión supón unha abandono do punto de conexión especifico e unha liberización en canto á mobilidade.
    Unha vantaxe desta conexión é que, posiblita a mobilidade física do usuario.
    Por outra parte, esta tecnoloxía permite ofrecer conexión a internet en lugares aos que non pode chegar o cable.

  • Conexión móbil.

    *GSM.
    (Global System for Mobile) é un estándar internacional de comunicacións dixitais móbiles, que utiliza o concepto de comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala. A velocidade máxima de de transmisión que pode alcanzarse con GMS é de 9800 bps.

    *GPRS. (General Packet Radio Services) está baseado na conmutación de paquetes e non de circuítos, como era o caso do sistema GMS. As canles poden ser compartidas. A conexión realízase no momento no que o cliente o solicita. A velocidade de transmisión que se pode alcanzar é de 115 kbps, polo que é posible transmitir voz e datos simultaneamente.

    *UMTS. (Universal Mobile Telecommunication System) traballa cunha frecuencia moi alta (2 GHz), que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. A transmisión de información realízase por conmutación de paquetes. Tanto nos sistemas GPRS como UMTS, a facturación non se realiza por tempo de conexión, se non polo volume de datos transmitidos.

  • 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).

  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario